Sitio oficial do Clube Espeleolóxico Maúxo.

Presentación da obra ‘Toponimia de Chandebrito’

O vindeiro mércores 14 de marzo de 2018, preséntase a obra titulada Toponimia de Chandebrito. O acto está convocado para as 16:00 horas na antiga Casa Escola da referida parroquia e a presentación estará aberta durante un par de horas para toda persoa interesada en facerse cun exemplar.

Presidida polo Exc. Sr. Alcalde do Concello de Nigrán, a presentación desta publicación contará coa presenza e explicacións dos coordinadores da obra, con parte do equipo de investigación e das directivas das asociacións promotoras (Clube Espeleolóxico Maúxo e Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807) e mais da editora da publicación que vén de sair do prelo na Colección Maugio Data.

Editada en formato de caderno ilustrado a toda cor, a obra compila e estuda brevemente os máis de 750 topónimos coñecidos pola documentación histórica e a memoria oral en Chandebrito e parroquias inmediatas: Coruxo, Valadares, Vincios e Camos.
O comezo dos traballos de documentación remóntase a 1986, ano no que parte do equipo de investigación comeza a interesarse polo patrimonio cultural deste territorio. Logo dun longo proceso de revisión e edición que durou todo o ano 2017, este estudo da toponimia de Chandebrito contou tamén coa colaboración de destacados investigadores na materia, e coñecedores do territorio dos vales do Miñor e Fragoso, como son Afonso Rodríguez González, Anxo Rodríguez Lemos e Xosé Lois Vilar.

A pretensión da publicación ambiciona poder ser de utilidade para as administracións e para toda aquela veciñanza e visitantes que precisen ou desexen saber do nome (ou nomes; moitos deles de antiquísima orixe) polo que se coñecen moitos dos recunchos da paisaxe (á vista e soterrada) desta parte do concello de Nigrán lindante con Gondomar e Vigo.

Entre os contidos que a publicación ofrece, destacar o índice alfabético numerado e as nove láminas onde se sinalan, sobre fotografías áreas de calidade, e con destaque das curvas de nível do terreno, os 607 topónimos aínda vivos que se puideron contrastar na memoria oral da moita veciñanza que colaborou para facer posible a transmisión a futuro deste inestimable patrimonio cultural inmaterial, tan rico como interesante para o organización do territorio, os estudos históricos ou etnográficos, arqueolóxicos, espeleolóxicos, etc.

Unha resposta

  1. Yolanda's avatar
    Yolanda

    Necesitaría contactar con el club mauxo
    Tengo terreno barrio la luz en coruxo y hay dos presas antiguas y la de mi finca por lo que me contó un tío que se llega de pie por dentro hasta una cueva mas arriba y pudo haber calzada romana
    Ahora esta obrando ilegal muy cerca y están rompiendo piedras antiguas y creo que van a asfaltar encima
    Ya puse reclamación en urbanismo y patrimonio en ayuntamiento vigo sin respuesta
    Creo que debe de ser un sitio a conservar pues existían levadas de agua que ya han sido desaparecidas
    Un saludo
    Esperaría una respuesta pues no encuentro su telefono gracias
    Yocarvigo@ gmail.com

    Setembro 28, 2021 ás 10:57 am

Deixar un comentario