Sitio oficial do Clube Espeleolóxico Maúxo.

Comunicado do Clube Maúxo.

Diante dos graves feitos acontecidos o pasado día 15 de outubro deste ano 2017, este clube quere facer pública a súa solidariedade con todas as persoas directamente afectadas. Moi en especial, fiquen aquí explícitas as condolencias ás familias de todas as vitimas mortais. Particularmente, queremos expresar aquí a nosa fonda dor e grande penar polo ignominioso falecemento de Dona Ángela Otero e Dona Maximina Iglesias, veciñas da nosa tan querida como admirada freguesía de Chandebrito, onde non houbo máis mortos polo bo tino da veciñanza diante da desacertada improvisación e inoperativa evacuación sufrida.

DSCN3756

Tamén queremos deixar constancia do noso máis fondo rexeitamento e noxo ante a incompetencia demostrada diante destes lumes polas autoridades, moi en especial ás da Xunta de Galicia. Non ten perdón posíbel carecer de medios axeitados para a prevención e extinción de lumes como estes. Fogos provocados máis que previsíbeis tendo en conta os antecedentes históricos e os recentes lumes (acontecidos mesmo durante os días previos nas provincias de Lugo e Ourense), a situación de grave seca que viña de moitos meses atrás, a sabida chegada para ese día de ventos quentes e fortes do sur-oeste, e a reiterada situación de abandono da masa forestal que finalmente ardeu con toda virulencia e graves danos só mitigados pola exemplar reacción de moitos veciños e veciñas que non fuxiron, que non se amedrentaron, que se auto-organizaron e puxeron en risco súa integridade física e pobres medios de extinción para que os incendios dese nefasto día non fosen a máis.

Finalmente, reclamamos, esiximos, pedimos e clamamos para que, a quen lle corresponda, asuma e faga asumir as responsabilidades penais, administrativas e políticas para quen tiña a obriga de defender a vida, a integridade física, as propiedades privadas, comunais e colectivas da cidadanía. Pedimos castigo para quen axuda aos pirómanos a destruír o país, ben coas súas políticas depredadoras, ben coa súa ineptitude. E toda a vergoña e o ostracismo público para quen utiliza a radiotelevisión pública (RTVE, RTVG) e os medios privados de intoxicación para o seu porco servizo. Nunca máis sistemática ocultación de información, silencios e mentiras interesadas. Nunca máis ineptos en cargos públicos.

¡¡LUMES NUNCA MÁIS!!

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s