O vindeiro sábado 6 de agosto estamos convidadas a participar como guías no Festival Rupestre e de Proximidade “O Fechiño”, organizado pola veciñanza e a Central Folque. Trátase dun encontro para visitar, coñecer a marabillosa cultura construida no granito dos nosos montes e desfrutar dos petróglifos, abrigueiros e covas graníticas que nos agardan en San Xoán de Fecha, Concello de Santiago de Compostela. Información no cartaz adxunto e tamén podedes consultar a páxina http://www.folque.com/01.140415wp/o-fechino/
Deixar unha resposta