Terras Raras no Galiñeiro
O Clube de Espeleoloxía Maúxo, vén de presentar no rexistro da Xunta varias alegacións fronte ao proxecto de investigación, que a Consellaría de Economía e Industria, concedeu á Sociedade Multinacional Consulting de Geología y Minería, S.L., segundo consta a nota publicada no DOG do 17/9/2012.
Unha vez máis, as persoas que formamos parte do CEM, traballaremos para denunciar o desleixo con que trata o goberno da Xunta ás nosas aldeas, ao noso patrimonio arqueolóxico, cultural, xeolóxico e medioambiental.
Unha vez máis, pomos de manifesto como as persoas que nos gobernan son incompetentes, menosprezan o noso territorio e o aportado polas veciñas e veciños tanto nas estratexias que permitiron a conservación do noso rico patrimonio cultural dende o pasado, como na súa conservación, para as xeracións que teñan de vir.
Pingback: Terras Raras no Galiñeiro « Pola defensa da Serra do Galiñeiro