Sitio oficial do Clube Espeleolóxico Maúxo.

12 SIMPOSIO DE PSEUDOKARST: AGRADECEMENTOS

Vista de Valença dende a Catedral de Tui.
O Clube Espeleolóxico Maúxo quere deixar aquí público agradecemento a todos os participantes que desde oito nove países de Europa e do Brasil, participaron no 12th International Simposium on Pseudokarst celebrado o pasado mes de setembro en Tui, Galicia e Valença, Norte de Portugal.
Ás autoridades e traballadores do Concello de Tui, en especial á Concellalía de Cultura -Vanesa Rodríguez Pereira- e o seu Alcalde -Sr. Moisés Rodríguez Pérez- polo respaldo institucional e a positiva e imprescindible colaboración no óptimo resultado deste evento espeleolóxico internacional.
As autoridades da Cámara Municipal de Valença e Junta da Freguesía de Boivão polo mesmo respaldo institucional e axuda na excursión as grutas do Castelo da Furna.

Aos colegas do Espeleoclube Aradelas, de Vigo, obrigadiños pola súa conferencia, guía e asesoramento nas furnas das Illas Ons.

As autoridades e en especial ao persoal do Parque Nacional na illas de Ons polo seu apoio, interese e participación.
Ao presidente da Federación Galega de Espeleoloxía polas súas amables e sinceras palabras no acto de inauguración do ISP.
Tamén queremos deixar constancia o noso agradecemento pola súa profesionalidade e amabilidade aos técnicos tudenses Miguel Alfaya e Rafael S. Bargiela, a David o noso guía en inglés na visita á catedral de Tui, ao persoal e dirección de Autocares Lázara, en especial a María e Manuel, conductores, ao Sr. Eilías do transporte da Cámara Municipal de Valença e ao Dr. Rafael, arquiveiro, pola súa guia en inglés na visita á fortaleza, museo e cidade antiga de Valença.
A todos e todas, grazas, ficamos obrigados e obrigadas.
Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s