Sitio oficial do Clube Espeleolóxico Maúxo.

Clube Espeleolóxico Maúxo.

Sitio oficial do Clube Espeleolóxico Maúxo.

O último

O CLUBE ESPELEOLÓXICO MAÚXO PRESENTA ALEGACIÓNS AO PXOM DE NIGRÁN

O CLUBE ESPELEOLÓXICO MAÚXO PRESENTA ALEGACIÓNS AO PXOM DE NIGRÁN

O pasado mércores día 2 de Octubro, e dentro do prazo legal, o Clube Espeleolóxico Maúxo, presentou varias alegacións ao PXOM proposto para o Concello de Nigrán. Logo do estudo do voluminoso PXOM, este Clube víuse na obriga de avisar dalgunha das grandes deficiencias detectadas. Inxustificadas novas estradas, ausencia de bens arqueolóxicos e etnográficos catalogados, cursos de auga omitidos, ignorancia do patrimonio natural como son todas as cavidades naturais neste territorio do Concello de Nigrán, etc…

DSC_0392b

No seguinte enlace Alegaci+¦ns ao PXOM de Nigr+ín, octubro 2013., pódese consultar estas alegacións presentadas co ánimo de ver algún día un PXOM ara Nigrán riguroso e de calidade.

A Gruta do Monte Aloia, Tui, III: Natureza

A Gruta do Monte Aloia, Tui, III: NATUREZA.

Distintos compromisos do Clube Espeleolóxico Maúxo -nomeadamente a organización coa Universidade d’A Coruña da primeira “International Conference on Granite Caves” dirixida aos estudosos internacionais da comisión do pseudocarst da UIS, Union International Speleology, celebrada en setembro de 2007- retrasaron comezar o estudo das covas da Trapa coñecidas desde facía dous anos grazas ao libro As Covas de Vincios.

P1060334b

O acceso ós Milaghres da Trapa nin foi nin segue a ser doado, todo o contrario. O accidentado do terreo, a pendente da Costa de Oia, o denso bosque e mato, e moi en especial, os perigosos pasos rochosos exteriores propicios á caida neste Pedraghullo -máis ainda cando a superficie da rocha ten humidade, non digamos se chove e anda un/unha con calzado inapropiado- fixeron que a prospección do entorno e pasos de acceso ó interior das covas, tardase para nós máis do habitual. A primeira xornada do clube prospectando, por fin, dentro das covas da Trapa data da mañá do 14 de outubro de 2007. A esta sucedéronlle sete xornadas máis de prospección espeleolóxica que levaron, xa a principios de marzo de 2008, a abrir proxecto maúxo de topografía e estudo.

P1060405b

O sistema de cavidades granítico de A Trapa ocupa 240 metros liñais do curso medio das águas que nacen como río do Inferno no monte Aloia. O tramo de máis forte pendente, río Ghrande, logo dun estreito par de centos de metros en superficie formando rápidos, pías e tamén pequenas pozas de água desde o seu encaixamento no Alto da Visita -Os Cabreiros, Chenlo, O Porriño- chega rápido a unha pequena chaira a 270 metros sobre o nivel do mar chamada, na tradición oral de Ribadelouro, como A Eira de Pedro. Alí, dase de xeito natural o curioso fenómeno de ver como nun intre, o río divídese. Por un par grenchas fórmase O Gorgullón e a água cae comezando o seu transitar polo subsolo do Pedraghullo. Mentras, a outra parte do río Ghrande baixa escondido pero á vista, encaixado á vez na rocha, paralelo ao sistema soterrado até xuntarse máis abaixo, logo dun desnivel de 77 metros, na segunda e total absorción do río.

P1060416

Nos 240 metros liñais de río soterrado, o espazo das covas da Trapa ten un  desenvolvemento horizontal de máis 1800 metros. Dimensión esta superada só en dúas covas graníticas no mundo; o sistema de cavidades TSOD, New York, USA, con 3950 m e a sueca Bodagrottorna, en Iggesund, Sweden, con 2610.

Pseudocarst desenvolto nunha litoloxía de granitos alcalinos de dúas micas de granular groso, os Milaghres da Trapa teñen unha historia xeolóxica complexa que se retrotrae ao remate da unión da Laurasia e Gondwana de fai dous centos e pico millóns de anos. Estamos na periféria granítica da heteroxénea Serra do Galiñeiro e na confluenza da Depresión Meridiana -aquí A Louriña, río Louro- co curso baixo do río Miño/Minho ao seu paso por Tui-Valença. Alteración e elevamento do substrato rochoso, desprendementos e movementos en pendente -semellantes os do sistema da Touba do Brión Cobreiras-, rachaduras tectónicas hercínicas e post-hercínicas, evidencias de colapso tipo dolina e a actividade sísmica de intensidade media detectada históricamente nesta terra de Turonio, son, xunto co moi principal axente das augas do río a erosionar a rocha, os ingredentes que teñen evoluído as cova da Trapa até a súa actual fasquía.

dsc_2550b

Desde a cota cero da cova, eses 240 metros liñais de río soterrado desenvolven un sistema  que acada un desnivel total de -95 m. Porén, dentro da cova non se supera en ningún punto os 20 metros de fondo. Na Trapa predominan os espazos axustados, estreitos do río -mesmo en sifón-, caos de rocha apretados e pasos perigosos de transitar, ainda que tamén hai algunha sala, corredores e mesmo saltos de considerable altura como é a fervenza de nove metros que forma o río soterrado  no sector bautizado como Féveros, en lembranza da documentación medieval e o ferver á vista das súas augas.

P1060445b

Ao igual que noutras cavidades graníticas da zona -nomeadamente no Folón, Coruxo, Vigo- entre a variedade xeomorfolóxica das covas da Trapa destacan formas resultado da lenta erosión fluvial da rocha, tipo pía ou marmita, aquí mesmo desenvoltas unhas dentro doutras, e tamén formacións de espeleotemas, xa de pigotita -como a grande e milenaria columna das “Cadenas da Moura”-  xa silíceas, tipo Ópalo A, que xa teñen sido obxecto de estudo por, entre outros proxectos, investigadores interesados na vida en condicións estremas, como as que se supoñen posibles de atopar en Marte.

P1060392

Asemade bacterias e outra microscópica, tanto no interior como no exterior das covas da Trapa existe moita e variada vida. Dentro, constan morcegos, variados arácnidos e insectos imposibles para nós de identificar e, sobre todo anfibios e réptiles, que desde 2010 estan sendo controlados para o SARE –programa de seguimento do Ministerio de Mediambiente que coordina a AHE, Asociación Herpetológica Española- polos amigos da asociación naturalista AXENA. Entre outras, consta a presenza de Rana ibérica, do Lissotritón boscai, da Salamandra salamandra, e moi en especial da Chioglosa lusitánica, endémica e fráxil saramántiga rabilonga, abundante aquí en estado adulto e xuvenil, como lugar de reprodución que, como poucos, temos nestas covas de augas limpas.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Áugas procedentes en grande parte do veciño Parque Natural do Monte Aloia e que no exterior discorren entre o rochedo granítico, o que queda do bosque autóctono atlántico e o mato propio de urzas, carrascos e toxos, ambos os dous en regresión pola forte explotación forestal de eucalipto, e sobre todo, de piñeiros.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Aves rapazas, diurnas e nocturnas, dominan os ceos da Trapa. Case seguro, outra fauna e flora agardan por quen as recoñeza e valore. Pero a protección deste singular complexo cova-río, dista moito do que conviría, mesmo do que sería legal ter establecido xa, e fica a espera de que os propietarios do terreo, Xunta de Montes en Man Comun de Ribadelouro, e as autoridades do Concello de Tui e da Xunta de Galicia acaden comprender o alcance do que temos aquí e actúen a favor das singularidades dunhas covas da Trapa que, a noso ver, xa deberían ter sido recoñecidas como Monumento Natural.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

qrcode.14781601

A Gruta do Monte Aloia, Tui, II: TOPONIMIA.

A Gruta do Monte Aloia, Tui, II: TOPONIMIA.

Fica dito, a existencia dun sistema de cavidades granítico en Ribadelouro, Tui, chegou ao Clube Espeleolóxico Maúxo grazas á memoria oral recollida por Afonso Rodríguez no seu capítulo do libro As Covas de Vincios. A nova cova -por uns anos arquivada no cartafol de “Cavidades pendentes”- chegou pois bautizada cos nomes de A Trapa ou Os Milaghres da Trapa, no río Ghrande.

P1010529c

A toponimia do río responde a un principio propio de case todos os ríos galaicos. O nome troca así avanzan as augas e nos olleiros e regatos tributarios a microtoponimia sincrónica multiplícase. Así, como indica o mito dos Milaghres da Trapa, o tramo fluvial onde esborrallou o Arco da Vella é o río Ghrande. Curso medio do río que nace non lonxe, ao noroeste do cumio de San Xiao do Aloia e cerca das mámoas da Chan Longa, e que alí, no seu primeiro tramo, recibe o nome de río do Inferno. Augas abaixo das covas da Trapa, chámaselle río do Cotarel e logo río de San Simón, sendo este o topónimo oficial escollido para a totalidade do que ven sendo o afluente do río Louro en Ribadelouro.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

En canto á toponimia da cova, conste que, se ben esta é a única cavidade con ese nome do catálogo Maúxo, Trapas hai moitas. Con buracos e sen eles. Na zona ten sona A Trapa de San Salvador de Budiño e até no propio monte Aloia, contra a estrema de Rebordáns con Pazos de Reis, hai outra Trapa. A ovetense cova de La Trapa é bo exemplo da extensión dun espeleotopónimo cantábrico que na súa orixe, supostamente do francés trappe, piège, indicaría en galego ou ben 1) lugar perigoso, de caída mortal ou aprisonamento, trampa tanto para animais como persoas, ou ben 2) portelo, porta no piso, porteliña, oco ou lugar de paso. O primeiro significado, semella neste caso estar máis en acordo cos testemuños recollidos que confirman a caída a cotío de cabras, ovellas, raposas, etc., ao que se lle une a memoria da desaparición dunha velliña de Porto de Bouzas que disque, ao desaparecer co gando na Costa da Oia, dérona por morta caída na Trapa.

Se desde Oia e Porto de Bouzas, estas covas son coñecidas como Os Milaghres da Trapa / A Trapa, tamén é certo que hai xente no mesmo Ribadelouro que sabía do lugar polo nome d’A Pedra Furada. Topónimo moi estendido e común na Galiza e Portugal e case sempre indicador de cacheiras, cavidades tipo tafoni. Neste caso, en 1753 no “Interrogatorio dela Felegresia de Santa Columba de Riva de Louro” pertencente ao Catastro de Ensenada, aparece escrito na delimitación do territorio parroquial: “[…] principiando su demarcación en el marco de San Juan sigueal marco de Coto da Fernal, deeste al marco do Porto, de allí al marco de moiño Rodeiro, sigue al sitio dos Cabreiros, de allí ala piedra furada, de esta á Piedra Galiña, sigue a la puente de Febres, de esta al río Louro,y ba á orillar deel arriba asta llegar a dho marco de san Juan primera marcación […]”.

No primeiro lugar habitado augas arriba da Trapa / Milaghres da Trapa / Pedra Furada, saben do sitio mais non o recoñecen por ningún dos nomes sinalados. Para a xente d’Os Cabreiros -parroquia de Chenlo, O Porriño- o nome de vello desta parte furada do río Ghrande é o d’O Pedraghullo. Lugar de moitas e grandes pedras, como postas en punta, en agulla, polas altas e estreitas paredes rochosas (ou pozos de caída desde o exterior de máis de 10 metros de alto) que alí abondan. Como curiosidade, o nome de Pedraghullo consta próximo, na mesma Serra do Galiñeiro, mágoa que para un sistema de cavidades de bloques arrasado pola actividade mineira que se deu nos Arruídos, Vincios, nos duros anos 40 e 50 do século XX.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A esta riqueza de topónimos das covas da Trapa / Os Milaghres da Trapa / A Pedra Furada / O Pedraghullo úneselle o nome medieval de Féveros, nas formas escritas de Feueros, Fveros e Feberos. O documento clave é ben coñecido na historiografía medieval desta antiga terra de Turonio. Referímonos á doazón do Couto de Tui pola que D. Raimundo de Borgoña, na altura conde da Galiza, e a súa dona, daquela infanta, dona Urraca, outorgan o señorío temporal da cidade de Tui -e do perímetro acoutado no documento asinado o 11 de febreiro do ano 1095- ao bispo e cabildo de Santa María, igrexa catedral tudense.

Seguindo ao Prof. Dr. Fernando López Alsina (2004: 57-95), na zona que nos interesa, a delimitación do Couto de Tui: “[...] venitur in castrum et ad montem Aloie ubi fuit ciuitas antiquitus condita et ubi sunt reliquie sancti Iuliani reposite et inde ad Pedem de Carbalio et vadit per ipsum arrugium usque ad Azoreiram et intrat in Feueros unde exiens vadit ad archam de petra fita, inde ad montem Altum et intrat in fluuium Laur in porto de Urbaneli [...]”. Na nosa interpretación: “[...] ven ao castro e monte Aloia onde houbo cidade de antiga condición e repousan as reliquias de S. Xián, e vai ao Pé do Carballo, e vai por este río ata as Azoreiras, e entra en Féveros onde vai saíndo a arca de Pedra Fita, e entra no rio Louro no porto de Orbenlle [...]”.

En canto a microtoponia da cova -zonas concretas do sistema de cavidades con nome específico-, as pesquisas etnográficas maúxas poden acreditar, a maiores do que xa se dixo sobre A PEDRA DA ABELLA  vs. PEDRA D’A VELLA, un par de referencias máis:
A EIRA DE PEDRO. Desde Ribadelouro. Zona exterior e inmediata polo alto á cota cero da cova. Ainda hai ben xente que lembra deixar alimento para os escapados, alá, polo vrán de 1936, alí xusto, na Eira de Pedro.
O GORGULLÓN, pronúnciado correctamente con dobre gheada. Desde Chenlo. Hai quen o entende en referencia a toda a cova, como sinónimo de Pedraghullo, e hai quen entende que O Ghorghullón da nome o lugar onde comeza a cova, xusto na primeira absorción do río que discorre augas abaixo soterrado en rocha. Segundo o Diccionario Enciclopédico Gallego – Castellano de Eladio Rodríguez, 1960, Vol. II, p. 417, Gorgullón é traducible do galego ao castelán como “Chapuzón, remojón en el agua, que generalmente se da de sorpresa”.
Finalmente, chámanos a atención que a lenda dos Milaghres da Trapa fose recollida na aldea de Oia e que a lomba encosta que domina esta parte do monte polo Sur sexa A Costa de Oia, ou da Oia. Terán un significado compartido esta Oia, Costa de Oia, o monte Aloia?

qrcode.14694135

A GRUTA DO MONTE ALOIA, I: O MITO DOS MILAGHRES DA TRAPA.

A GRUTA DO MONTE ALOIA, I: O MITO DOS MILAGHRES DA TRAPA.

DSC_0088b

A posible existencia dun sistema de cavidades no curso medio do río San Simón, en Ribadelouro, Tui, chegou aos ouvidos do Clube Espeleolóxico Maúxo da man dun relato oral facilitado por Afonso Rodríguez González con ocasión da súa colaboración no libro As Covas de Vincios. Nesta obra -editada en 2005 pola Comunidade de Montes en Man Común de Vincios, Gondomar- dedicada ó estudo das covas naturais e artificiais coñecidas polo C. E. Maúxo no sector NW da Serra do Galiñeiro / NE do Val Miñor, aproveitouse a ocasión para tamén incluir datos ao respecto das proximidades da parroquia de Vincios.

O caso é que no capítulo do libro As Covas de Vincios dedicado á memoria lendaria asociada á paisaxe da Serra do Galiñeiro, menciónase a existencia de “un pedregal coñecido como A Trapa ou Os Milaghres da Trapa. Curiosamente, é mui semellante aos Pedraghullos da Fonda do Arruído de Vincios” e ofrécese o seguinte relato, alfaia de mito recollido de primeira man por Afonso Rodríguez a un veciño da pequena aldea de Oia, Ribadelouro:

“Dunha volta [...] encontrábanse unhas mulleres no campo apañando herba, cando apareceu o Arco da Vella. Un dos seus extremos púxose a beber na agua do Río Grande. Era de esperar que, transportada através do arco, caíra logo a agua en forma de chuvia sobre os campos [de Ribadelouro]. A algunha daquelas mulleres non lle debeu chistar muito a idea de apañar unha molladura, así que co fouciño que tiña na man cortoulle ao arco iris un dos seus pés. O arco, descompensado, caíu sobre o outro extremo, nas lombas do Aloia, provocando unha grande esborrallada que orixinou a caída e acumulación de grande cantidade de penedos de granito”.

A Trapa

O fío argumental e o simbolismo do relato anterior non se entenden ben de non ter en conta que na tradición oral galega asóciase o arco das cores ou iris -O Arco da Vella- a unha divinidade da natureza rexedora do tempo e das estacións, vinculada con fenómenos meteorolóxicos propios do inverno como son a xeada e o frio: A Vella. Con paralelos na mitoloxía doutras culturas atlánticas -en Asturias La Vieya, en Euzkadi a Mari, na illa de Man a Caillagh ny Groamagh, no Eire a Cailleach Beara, nas escocesas Higlands a Cailleach Bhear, etc.- esta case esquecida deusa de inmemorial idade, conta aqui, na paisaxe granítica da Serra do Galiñeiro, cunha presenza destacada. Onde Afumegha a Vella -perto da Touba do Brión-, a veciña paraxe de Cova da Vella -por baixo de Auga da Laxe-, a Vella do Ancazo -nas augas do río San Simón fronte da Pedra Moura do Cotarel-, así o confirman.

Afonso Rodríguez (2005:150) refire tamén como alí onde esbarrillara o Arco da Vella “pasou a ser coñecido polos viciños como os Milaghres da Trapa. No medio deste pedregullal encóntrase a Pedra da Abella, singular penedo no que, conforme refire a tradición, habitaba unha moura que fora observada coronada de cadenas de ouro”. No que nos interesa subliña aquí, repárese, deixándonos agora de explicacións sobre o simbolismo da moura e das cadenas de ouro na mitoloxía tradicional galega, como é ben dificil distinguir entre a Pedra d’Abella e a Pedra da Vella, tal como entendemos nós cando temos tido ocasión de oír falar deste singular penedo das covas d’A Trapa.

A GRUTA DO MONTE ALOIA, I: O MITO DOS MILAGHRES DA TRAPA.

PSEUDOKARST COMMISION NEWSLETTER

PSEUDOKARST COMMISION NEWSLETTER

O comité de Pseudokarst da UIS, ven de publicar o número 23 da súa revista na que aparece un artigo dedicado o 12º Simposio do Pseudokarst organizado polo Clube  Maúxo e celebrado Tui en septembro do 2012.

No seguinte enlace atoparedes o pdf completo da publicación:23

P1040023

BIBLIOGRAFÍA

BIBLIOGRAFÍA: Actas do I Congreso Galego de Espeleoloxía.

 

A Federación Galega de Espeleoloxía, FGE, ven de tirar do prelo o volume coas Actas do I Congreso Galego de Espeleoloxía celebrado en O Barco de Valdeorras (Ourense) entre os días 13, 14 e 15 de outubro do ano 2006 co gallo do 25 aniversario da fundación da FGE. O volume sae nun número especial da revista Furada con data de 2011 se ben, como dicimos, a súa presentación celebrouse na asamblea ordinaria federativa de fai dous meses, decembro de 2012.

O Clube Maúxo felicítase do bó cabo ao que se chegou coa moi digna edición deste volume, fito sobranceiro, sen dúbida, da historia da espeleoloxía en Galicia que permitirá divulgar as numerosas -son 33 títulos distintos entre conferencias, relatorios e posters- variadas e interesantes achegas do colectivo de congresistas participantes.

Grazas pois a todas e todos os que traballaron na FGE para que fose posible esta publicación e parabéns a eles e a todo o colectivo espeleolóxico galego, en especial ás autoras e autores do agardado libro.

Portada Actas Congreso FGE

Méndez Ferrín: “O salvamos el Galiñeiro o profundizamos más en la ignominia”

“No se deben instalar eólicas como si echáramos maíz a las gallinas”, dice Antón García – Benito Reza: “Cualquier persona con sensibilidad por el país está obligada a protestar”

 


Público asistente al acto sobre el futuro de la Serra do Galiñeiro
en el auditorio vigués del Areal. // J. Lores

“O salvamos el Galiñeiro o profundizamos más en nuestra ignominia”, dijo ayer en el Club FARO Xosé Luis Méndez Ferrín, presidente de la Real Academia Galega. Para el escritor “la cultura y civilización de un pueblo halla un buen termómetro en la detección de cómo defiende el medio ambiente natural, y de esto es un buen ejemplo esta sierra.

“El futuro de la Serra do Galiñeiro” fue el tema de la mesa redonda en la que se presentó el libro “Nós Galiñeiro” (edit. Universitas Minoris), que reúne artículos de Ferrín sobre la materia aparecidos en FARO y que a su vez reunió ayer junto a él a Carlos Méixome, director del Intituto de Estudos Miñoranos, Xosé Benito Reza, ex director xeral de Conservación de la Naturaleza y autor de la propuesta de Parque Natural para esta sierra y Antón García, secretario de la Plataforma por la Protección de esta sierra. Para Ferrín, que cerró en realidad el acto, existe una relación hombre-naturaleza y nuestra especie tiene que intervenirla necesariamente, “pero tenemos que mantener una visión crítica del progreso, preguntarnos cómo hacerlo, si lo hacemos de una forma salvaje y predadora, a beneficio de unos pocos o de la mayoría”.

Ferrín afirmó que no sólo es que allí existan “tierras raras”, que las hay, sino que tiene gran importancia desde el punto de vista geológico, arqueológico e incluso de memoria histórica, “y si hablamos de memoria podemos permitirnos soñar en el monte Medulio, abrir puertas a la ensñacioón y pensar que allí se intentó resistir a los romanos hasta la muerte”.

Antón García, secretario de la Plataforma, fue en realidad quien abrió el coloquio dibujando con muchos datos la situación. “Miles de personas apoyan las iniciativas de la Plataforma por la protección de esta sierra -dijo- con más de ocho mil alegaciones; frente a todos ellos están los que únicamente son capaces de ver el territorio como parecelas inmobiliarias, como espacios para crear parques industriales de utilidad dudosa muchas veces y las cotas altas de nuestras tierras como lugares para ser ocupados por parques eólicos… Nosotros no estamos en contra de la energía eólica pero eso no quiere decir que se deban instalar parques como si echáramos maíz a las gallinas”.

El secretario enumeró argumentos diversos por los que tal sierre debe ser protegida como su riqueza como espacio natural y cultural, por su aprovechamiento multifuncional, por su valor social… y recordó que la lucha por la paralización del parque eólico allí está respaldada por 41 asociaciones. “Antes de decidir donde instalar estos parques debiera hacerse un pacto por el territorio -dijo- , no vaya a ser que se cree una burbuja eólica como la inmobiliaria”. “Todas las riquezas amenazadas en el Galiñeiro -opinó- será un juego de niños si llega a materializarse la explotación de “tierras raras” allí a cielo abierto. Sería la desaparición de la sierra”.

Xosé Benito Reza, ex director xeral de Conservación de la Naturaleza durante el gobierno bipartito, recordó la propuesta de ampliación que su departamento había formalizado en 2008: la inclusión del Galiñeiro en el decano de los parques naturales gallegos, el monte Aloia, como unidada morfológica de gran interés que va desde el Aloia de sur a norte hasta alcanzar el concello de Vigo y de Mos y su denominación como Parque Natural. Suponían 1.586 hectáreas más, que sumadas a las ya existemtes del Aloia serían 2.332.

“Para evitar problemas urbanísticos -dijo- excluimos todos los núcleos rurales que lo rodean. Fíjense si tiene importancia que 360.000 personas viven a su alrededor. Pero todo esto quedó en un mero sueño que ahora parece convertirse en pesadilla”.

“Cualquiera -añadió- con un mínimo de sensibilidad por el país, de responsabilidad con la tierra, de orgullo por nuestros paisajes y por la herencia que nos dejaron nuestros mayores, está hoy obligada a protestar frente a la administración por esta aberración. No hace falta que vean nuestros ventiladores en Boston”.

Méixome: “Es necesario proteger esta sierra”

 

La intervención de Carlos Méixome, presidente del Instituto de Estudos Miñoranos, fue la más literaria en sus formas. Expresada en gallego como el resto de los que intervinieron, afirmó que eran muchos los que como él se sentían “letragalegoferidos”. “Por eso cada lunes -dijo- sentimos la ausencia de Ferrín en el FARO; nos llega “O fondo dos espellos” pero nos faltan “Os camiños da vida” y el consultorio de los nombres. Leer a Ferrín en el Faro era, sigue siendo, un soplo de aire fresco que hacía volar las descoloridas hojas secas que lo rodeaban, casi todas foráneas y en la lengua impropia del país…”

Habló Méixome del libro ayer presentado, “Nós Galiñeiro”, que vuelca artículos de Ferrín aparecidos en FARO. “La publicación de este libro -afirmó- no sería posible sin el compromiso del autor, que dona sus derechos a la Plataforma, y sin la colaboración de FARO que publicó la inmensa mayoría de los textos”.

“Desde el Alto da Garrida -al fondo de Peghonegro, desde las curvas de Vichicháns a las cuestas de Chaín. Desde los “socalcos” de Morgadáns al alto de San Antoniño; desde el Castelo de Parada, desde la cima del Alba, o del Cepudo o del Curuto do Corvo. Desde el Chan da Lagoa o el San Torcato en Herville, desde la “espadana” de Zamans o desde las líneas construidas de Miralles en Marcosende, el Galiñeiro preside toda la tierra conformada en torno a la ciudad de Vigo que ten en él su gran parque. Es la responsabilidad de la ciudadanía viguesa protegerlo y convertirlo, junto con el Aloia, en el gran espacio protegido de la Galicia sur costera”.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.